9 de julio de 2009

A Rapa das Bestas de Sabucedo

DIARIO EL PAÍS

Unha loita en estado puro, unha festa única pola súa espectacularidade, home contra a besta no estado máis salvaxe, puro e natural. A aventura comeza cando un aloitador se aproxima a domar a besta que está enganosa e reacia a prestar a súa axuda para ser rapada.

Dende 1963, a Rapa das Bestas de Sabucedo foi declarada, festa de interese turístico nacional pola súa singularidade e beleza única. Máis de seiscentos cabalos, divididos en catorce mandas, que viven libres nunha vastísima extensión mestúranse co abundancia da xente e o amplo imperio da natureza. Os habitantes e verdadeiros expertos na Rapa, preparan a súa loita coa besta e rezan ante San Lourenzo na misa anterior á rapa para pedir axuda e protección ao seu patrón.

Tomada coma a conversión do neno en home, é toda unha proba de coraxe, valentía e forza na cal a loita nobre e honorábel co cabalo respéctase en todo momento. Celebrada habitualmente o primeiro fin de semana de xullo, é unha das festas máis representativas de toda Galicia e de España, e un referente turístico en todo o mundo. Este ano foron milleiros os visitantes que acudiron a Sabucedo para presenciar a Rapa das Bestas, unha festa inigualábel que, ano tras ano, vai enchendo e engrandecendo a súa historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario