14 de agosto de 2009

Festas en Cotobade

Na primeira fin de semana deste mes celebrouse en Cotobade a Rapa das Bestas. Tódolos anos celébrase nesta vila pontevedresa unha tradición que nos chega dende a Idade de Bronce, cando se trataba de domesticar aos cabalos salvaxes. O rito consiste en marcar e rapar as crins dos cabalos que viven nos nosos bosques. Todo isto ten lugar no curro, o recinto onde se acorrala aos animais. Aquí, os gandeiros máis expertos, denominados agarradores, forcexean cos animais ata reducilos e conseguir rapalos.

O sábado 1 de agosto puidemos disfrutar dunha gincana de cabalos e dunha carreira de ponys. O domingo celebrouse a Primeira Feira Cabalar de Cuspedriños, con postos de exposición e venta de todo o relacionado cos cabalos, a artesanía, a alimentación, etc. Tras toda unha tarde de "traballo" o grupo musical Calibre amenizou a festa para despedila ata o ano que vén.

Pero Cotobade é unha terra festeira. Por iso mañá, 15 de agosto, poderedes disfrutar da Festa de Santa María en Santa María de Sacos e o domingo 16 da Festa de San Bartolomeu en Famelga Aguasantas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario