5 de agosto de 2009

Que tal a colleita deste ano?

Xa fuches á Festa do Albariño de Cambados? Pois mándanos fotos para participar co noso Concurso de Festas, recorda que podes gañar un fin de semana en balnearios de Galicia!!!

Esta foi a edición 57 da Festa vinícola máis antiga de Galicia, a segunda en España, polo que xa está dentro do conxunto de Festas de Interés Turístico Nacional.

A orixe desta Festa sitúase no 1953 cando Bernardino Quintanilla desafiou ao seu amigo Ernesto Zárate para demostrarlle cal era o mellor albariño da colleita do 1952. Dende aquela faise un concurso de viño que este ano contou con sesenta adegas participantes e cun prestixioso panel de catadores para outorgar os cobizados premios. Pero a alabanza ao Albariño non se queda aí. Forma parte xa da tradición cambadesa o desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, que o domingo da festa sae desde a praza do Concello ata o Pazo de Fefiñáns, onde se celebra o acto de nomeamento das Damas e Cabaleiros de Honra. Nesta ceremonia, o Gran Mestre da orde toca aos escollidos cunha folla de vide, dálles de beber unha copa de viño, entrégalles a medalla e os viste coa capa do Capítulo. Tamén se fai entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñense de Honra e Follas de Plata.

Tras todos este nomeamentos ten lugar unha comida oficial na cal se fan públicos os tres albariños premiados no Certame da Cata.

A inauguración da Festa tivo lugar o mércores día 29 de xullo e contou coas actuacións de Nena Daconte, M-Clan e Coti. Ademais este verán pasarán por Cambados os Gibson Brothers (grupo lendario da música disco), Silvia Superstar –de Killer Barbies- e o humorista Rober Bodegas, ademais de McQueen, que renderá tributo ó mítico grupo británico, entre outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario