24 de septiembre de 2009

As festas de Ourense protagonistas no Primeiro Sorteo Galicia Natural

Xavier Ulloa, un ourensán aficionado á fotografía, resultou gañador do Primeiro Premio Galicia Natural, sorteado polo Festival Internacional de Animación Online, Animacam.tv, na Sección Paralela Festas. O gañador disfrutará dunha fin de semana para dúas persoas en Balnearios de Galicia.

Xavier pretendeu retratar o ambiente festivo da súa comarca con festas senlleiras e representativas, coma Festa Medieval Raigame de Celanova, e festas anovadoras e ocorrente, coma a Primeira Festa de Papaventos Chineses, que se deu cita en Ourense. Coas súas fotografías - unha das primeiras aportacións do Foro de Festas- o fotógrafo viuse recompensado pola súa paixón e a exactitude de saber como capturar o momento idóneo da imaxe. Ademais, este usuario tamén participou no Foro do Pelegrín, aportando un particular "Relato no camiño".

Con esta acción da Sección Paralela, ademáis da Sección Oficial cos filmes a competición, Animacam transmite a súa vocación de vínculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne a centos de milleiros de pelegríns, turistas e internautas de todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario