27 de octubre de 2009

Ourense segue de Festa: Segundo Premio "Galicia Natural"

No segundo sorteo de Festas, realizado o pasado 23 de outubro , xunto co anunciamento dos premios da Sección Oficial nesta Segunda Edición e o Premio Anímate a Ler (véxase Sección Paralela Libros), resultou gañador de novo un ourensán, José Antonio López Feijoo, fotógrafo profesional e coñecedor do amplo panorama de festas populares en Galicia.

Participou con dez fotografías de diferentes festas galegas como a Romaría Raigame de Ourense, a Festa dos Maios, o Entroido de Ribeirao e a Festa do Viño en Chantada e as Festas de San Bieito en Allariz.

Con esta acción da Sección Paralela, ademáis da Sección Oficial cos filmes a competición, Animacam transmite a súa vocación de vínculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne a centos de milleiros de pelegríns, turistas e internautas de todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario