5 de marzo de 2010

Animacam presenta a súa Terceira Edición

Estimad@s amig@s, benvidos a Animacam 2010!

Nesta Terceira Edición, o Festival, a pesares dos nosos esforzos non conseguiu manterse alleo á crise económica mundial que a todos nos afecta e, debido a iso, vémonos obrigados a realizar unha reestruturación do mesmo, que esperamos sexa o máis puntual posible.

1º.- Na Sección Oficial, as Categorías a Concurso serán tres: Curtametraxe, Multimedia e Retrospectiva, premiadas con 2.000 Euros cada unha. Os premios serán outorgados polo Público mediante a emisión dos seus votos a través do portal web.

2º.- O Blog do Festival, nesta III Edición, será unha Plataforma de Noticias Interactiva en tres idiomas (galego, español e inglés), para que enviedes toda canta información consideredes oportuna.

3º.- Na Sección Paralela, O Camiño, os Peregrinos poderán seguir animando o Camiño de Santiago compartindo as súas experiencias enviando os seus vídeos.

Finalmente, agradecemos a vosa compresión polas circunstancias actuais e esperamos seguir contando, máis que nunca, coa vosa participación e confianza.

Moitas gracias.

Atentamente.

Equipo de Animacam.

No hay comentarios:

Publicar un comentario