11 de junio de 2010

Unha vez máis... Venres de estrea!

Tras unha semana adicada aos máis pequenos, mostrando e presentando obras feitas por nenos de entre 6 e 12 anos destinadas a todos os públicos, de novo, presentamos cinco novas películas de animación chegadas de todas as partes do mundo, coma estamos acostumados. Diferentes historias, diferentes xéneros, diferentes cores... Xa que na variedade está o gusto, velaquí tedes Animacam!

Alex Budovskiy regresa a Animacam tras a súas dúas curtas sobre a Revolta dos cucos cunha animación introductoria para o tour de verán Wiyos, que contiña as actuacións de Bob Dylan, Willie Nelson e John Mellencamp. En Bang!, unha historia dos estudios Bouman dende o corazón de Barcelona, amósanos como é a realidade na que nada é o que parece. Dende España tamén nos chega a animación de Ivan Lobon, que nos mostra que peripecias pode chegar a realizar un mago e o seu coello.

Joaquín Carrasquilla repite experiencia en Animacam, cunha nova animación en plastilina: un noticiario animado panameño baixo o título Panamá Toons. Dende Eslovenia, Blaz Cadez nos amosa unha fermosa fábula sobre unha raposa que coida dun coello abandoado. Descubride que moralexa se pode sacar dela!

No hay comentarios:

Publicar un comentario