30 de septiembre de 2011

Fin de semana internacional en Animacam

 Esta fin de semana Animacam ofréceche unha ampla variedade de films internacionais con, nin máis nin menos, que 7 estreas na súa carteleira.

Para celebrar ao grande o gran comezo desta IV edición de Animacam, temos o inmenso pracer de presentarvos 7 films de diversos países que a recado farán as delicias do respectable.

Para comezar as presentacións, que mellor que presentar a Ingrid Esteve Martín, que desde Inglaterra nos trae 3 interesantísimas obras de animación. Son as seguintes:

Na categoría multimedia temos un vídeo promocional para de "The Fashion Fix", un éxito virtual en Second Life que, se o desexas, pode converterte na presentadora ou presentador virtual máis fashion .

Tamén nesta categoría  agasállanos cun traballo para unha presentación de Will Wright, "Meme Signal". Unha interesante proposta, Ingrid!

Para lembrar os seus tempos de estudante en España, Ingrid rememora esta época con "O tramposo", un traballo divertido e irónico que competirá na categoría retrospectiva por un premio de 600 Euros.

Seguindo na categoría de Animacións Retrospectivas, dende USA temos a divertídísma proposta do gran Jeffrey Gurian, que con "George Washington Wore Wooden Pants" desmonta a historia deste famoso presidente para ofrecernos unha desenfada teoría que fará que vos partades coa risa.

Para curtametraxe e desde Arxentina, resúltanos sumamente gratificante presentarvos "Benteveo". Unha obra da xa habitual participante nesta IV edición Ileana Andrea Gómez Gavinoser, que volverá alagar con poesía e sentimento a carteleira de Animacam.

Dende Irlanda chéganos unha moi atractiva proposta de man de Calvin Morooney, que con "Aspec", adentraranos no máis profundo da introspección social.

E xa para finalizar, Athanasios Giouvanoudis con "Happy End " mostraranos unha análise dos ideais humanos na sociedade moderna.


Espero que vos guste a proposta, moi bo fin de semana a tod@s !

Participa en Animacam IV edición




No hay comentarios:

Publicar un comentario