28 de octubre de 2011

Desfrutade da mellor colleita animada da Filmoteca Vasca en animacam 2010

 Como cada ano, e da man do Departamento de Cultura do Goberno Vasco e de Eskadiko Filmategia - Filmoteca Vasca, o festival Animacam ten o pracer de lucir na súa carteleira novos brotes animados pertencentes á mellor colleita da curtametraxe vasca. 

Novos nomes e vellos coñecidos do mundo da animación vasca cóntannos as súas historias, os seus sentimentos e as súas ansías a través destas belas manifestacións artísticas.

Agora é a quenda destas tres pequenas historias en canto a tempo; pero grandes, moi grandes, en contidos, as cales desexamos que gocedes tanto, como o equipo de Animacam gozou delas.

"Ámár" nárranos a historia da viaxe de Inés á India a visitar ao amigo que dá nome á obra e que vive dende hai anos recluído nun sanatorio mental. Inés lembra durante a súa viaxe os últimos días que pasaron xuntos e a súa promesa de regresar. 

"Ámár" é unha pequena xoia coa que nos agasalla a directora Isabel Hergera que, trás pasar diversos anos traballando para importantes estudos norteamericanos, regresou ao seu San Sebastián natal dende onde dirixe a Mostra Internacional de Cinema de Animación de Cataluña ANIMAC, ademais de viaxar con frecuencia á India a impartir clases de Animación. Iso si, sempre acompañada do seu caderno de viaxe onde debuxa a realidade social destas paraxes.

"Daisy Cuter" cóntanos a historia dunha nena de apenas 10 anos, Zaira, que como tantos outros nenos vive a inxustiza dunha guerra, coa perspectiva que lle permite a súa tenra e inxenua mirada. Zaira recolle todos os días margaridas para un amigo que bota de menos; para non esquecelo, para non perderlo ... 

Esta obra está realizada e dirixida por :

Enrique García, quen co seu opera prima de animación, "Perpetuum Mobile" logrou máis dunha vintena de premios internacionais, ademais dun nomeamento aos Goya, e unha precandidatura aos Óscar.

E por Rubén Salazar, cofundador da produtora Silverspace dnsde a que se dedica a labores de produción executiva así como a formación en postproducción.

"Ondar Ahoak", curtametraxe documental da que poderedes gozar na categoría multimedia do festival, fálanos da vida dos atúns, que pasan meses hibernando tras a etapa de alimentación activa no mar cantábrico. Cada ano estas estacións quedan gravadas en forma de aneis, deixando zonas opacas pola ausencia de alimento.

Esta curtametraxe gañou o premio ao mellor curto experimental no Festival de Animación de San Diego, EE.UU., e chéganos da man de Ángel Aldarondo, home orquestra do audiovisual. Do mesmo xeito que o protagonista da novela "O  Perfume", Ángel naceu entre peixe e por iso non probou o seu primeiro peixe até os 16 anos, por iso con esta obra rende unha sincera homenaxe ao traballo do mar tan arraigado no seu Donostia natal, así como no resto de pobos vascos.

Desexando que gocedes da gran proposta que vos presentamos, máis nada que concertar unha cita con todos vós para o vindeiro luns, onde a mellor animación francesa volverá ser protagonista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario