18 de diciembre de 2011

Peche do periodo de votacións en Animacam IV


Gran emoción na fase final de votacións en Animacam IV, onde unha primeira revisión mostra un final moi apertado en todas as categorías.

Ante a inminente publicación dos resultados finais o vindeiro mércores día 21, desde o equipo Animacam queremos agradecer, un ano máis, a gran participación e acollida que tivo o festival no cinco continentes; logrando unha edición irrepetible coa ilusión de seguidores, directores, produtoras, distribuidoras e o amplo elenco de persoas que facedes posible a gran familia de Animacam.

Á súa vez, queremos pedir desculpas polos problemas que se rexistraron na mañá de hoxe co Website de Animacam. Xa que, por un incidente alleo á organización e ao propio festival, produciuse unha caída no servidor web que deixou inactiva a visualización do site durante un breve período de tempo.

Con todo iso, queremos lembrarvos que o vindeiro mércores poderedes coñecer a través do blog de Animacam, "Animablog", os diferentes resultados en cada unha das categorías.

Recibide un saúdo moi afectuoso acompañado de nosa máis sincera gratitude

Equipo Animacam


No hay comentarios:

Publicar un comentario